As ofertas son exclusivas da web

Os John Deeres

Con 20-20 os John Deeres atoparon o seu lugar. Despois dun primeiro traballo inaugural que recollía temas de case unha década tocando xuntos, a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70, pero sen perder a perspectiva de estar gravado no século XXI.

En 20-20 atopamos 8 temas pensados para o directo, 8 trallazos de hard rock contundente con letras que van da temática social ("Entre fronteiras", "A sombra de ti", "Dourado veleno") ao macarrismo ("Inevitable"); da superación dos propios límites ("Cara adiante", "Tan forte, tan lonxe") á conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura ("Rendición", "Espiral").

Este traballo supón a consolidación dos John Deeres como a banda de referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada.

Os John Deeres | Sons de Breogán

6 produtos.

Mostrando 1-6 de 6 artigo(s)

Active filters

Camiseta Os John Deeres Blanca

Camiseta Os John Deeres Blanca

Prezo 10,00 €
Camiseta Os John Deeres Negra

Camiseta Os John Deeres Negra

Prezo 5,00 €
CD Os John Deeres - 20-20

CD Os John Deeres - 20-20

Prezo 10,00 €
CD Os John Deeres - 8

CD Os John Deeres - 8

Prezo 5,00 €
Pack Camiseta Os John...

Pack Camiseta Os John...

Prezo 20,00 €
Pack CDs Os John Deeres

Pack CDs Os John Deeres

Prezo 12,00 €
  • Pack