As ofertas son exclusivas da web

Envío 

As envíos realizaranse nun prazo de 24-48 h laborables, tras a confirmación do pedido.

Entregas en península e Baleares, gastos de envío según o peso:

  • Envío de BALDE a partires de 30 euros de compra.
  • Envío ordinario: de 0,65 a 5,35 euros.
  • Envío certificado: de 3,40 a 8,10 euros.
  • Envío urxente: de 3,63 a 5,57.

No caso de rotura de stock ou de haber algún problema co pedido, o pedido poderá atrasarse algúns días mais, en todo caso comunicaráselle ao cliente por correo electrónico a data de entrega estimada, dándolle opción a cancelar a operación ou elixir outro produto.

Ás veces os envíos sofren algúns atrasos polo que che pedimos un pouco de paciencia.

Devolucións

Todos os produtos de Sons de Breogán poden ser devoltos no prazo de 15 días a partir da recepción do envío. Se a talla non é a adecuada, cambiámoscho ou, se prefires, devolvémosche o teu diñeiro. Ti decides. .

Para iso envíanos o articulo tal e como se entrega e con copia do correo electrónico de confirmación.

Os gastos de envío que xere a devolución correrán a cargo do comprador.

Como facer unha devolución?

Para facer unha devolución escríbe un correo a contacto@sonsdebreogan.gal informando dos artigos que queiras devolver. Deberás facer chegar os artigos en boas condicións, e unha vez recibidos no almacén, farémosche o abono do importe íntegro na mesma forma de pago pola que realizaches a compra.

Coidados das camisetas

Trata con coidado as túas camisetas, non nos facemos responsables dun mal lavado ou pasado o ferro das mesmas, tenta lavalas e pasalas o ferro do revés, utiliza os programas adecuados e non pases o ferro sobre a parte impresa.